Percebes

O bo tempo acompañanos estos días en Galiza e que mellor que acompañalo cuns percebes. Hoxe, en Recetas Galegas, explicámosvos como preparalos. É unha sinxela receta, pero moi moi moi moi apetitosa. 

INGREDIENTES:

  • Percebes 
  • Auga
  • Sal
  • Unhas folliñas de laurel

PREPARACIÓN:

Poñemos unha ola ó lume con auga suficiente para cubrir os percebes, botamoslle sal, aproximadamente como a auga do mar, 80 gramos por litro e botamos un pouco de laurel. Cando ferva botamos os percebes e cando volva a ferver os sacamos. Poñense nunha fonte, tapandoos para manter o calor. E listo a degustalos!